AmOR E DEVOcIóN - compostelacapitalcultural.com Schumann (1810-1856): Gedichte der Königin Maria...

2
O Ciclo de Lied de Santiago, un certame único e segundo en antigüidade en España, chega á súa 16ª edición. Protagonista de excepción un ano máis é Roger Vignoles, codirector artístico e alma mater dun ciclo ao que está vincu- lado dende 2003 e ao que imprimiu a súa persoal pegada e unha marca de calidade reflexo da súa experiencia, coñecemento, sensibilidade, dedicación e excepcional agarimo cara a este Ciclo de Lied e á cidade de Santiago. Se- gundo as súas propias palabras, este ciclo supón para o distinguido pianista, artista e cabaleiro londiniense unha cita moi especial na súa axenda anual que o leva a actuar nos máis importantes teatros e salas de concerto do mundo. Amor e Devoción é o título do Ciclo de Lied 2015 que transita entre o amor sacro e o amor terreal e do que son protagonistas grandes mestres transcendentais para o desenvolvemento do xénero do lied como Robert Schumann, Johannes Brahms, Gustav Mahler e Hugo Wolf, compartindo programa con singulares compositores como os franceses Maurice Ravel e Charles Gounod, o norteamericano Samuel Barber, Clara Schumann e con Georges Enesco e Nicolae Bretan, dous autores romaneses aos que descubri- remos da man da súa compatriota Ruxandra Donose. A soprano inglesa Kate Royal e a mezzosoprano romanesa Ruxandra Donose debutan en Galicia con estes recitais no marco do Ciclo de Lied que este ano presenta de novo un cartel con tres experimentados cantantes, especialistas no xénero e de reco- ñecido prestixio internacional, que completa un vello coñecido do público compostelán, o barítono británico Roderick Williams. PREZOS: Entradas 8 € | Abono (3 concertos) 18 € VENDA DE ENTRADAS: entradas.abanca.com | 902 434 443 | Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) INFORMACIÓN: www.compostelacapitalcultural.org | [email protected] | 981 581 652 | 981 542 347 SETEMBRO 2015 | TEATRO PRINCIPAL, 20.30 ROGER VIGNOLES piano ASOCIACIÓN GALEGA DA LÍRICA martes 22 de setembro RUXANDRA DONOSE mezzosoprano | ROGER VIGNOLES piano xoves 24 de setembro KATE ROYAL soprano | ROGER VIGNOLES piano martes 29 de setembro RODERICK WILLIAMS barítono | ROGER VIGNOLES piano 16ª edición AMOR E DEVOCIÓN CICLO DE LIED 2015 | SANTIAGO DE COMPOSTELA AMOR E DEVOCIÓN CICLO DE LIED 2015 | SANTIAGO DE COMPOSTELA tripticoLIED2015.indd 1 23/5/15 16:50:54

Transcript of AmOR E DEVOcIóN - compostelacapitalcultural.com Schumann (1810-1856): Gedichte der Königin Maria...

Page 1: AmOR E DEVOcIóN - compostelacapitalcultural.com Schumann (1810-1856): Gedichte der Königin Maria Stuart, op. 135 GeoRGeS eneSco ... JohanneS bRahmS (1833-1897): Liebestreu / Alte

O Ciclo de Lied de Santiago, un certame único e segundo en antigüidade en España, chega á súa 16ª edición. Protagonista de excepción un ano máis é Roger Vignoles, codirector artístico e alma mater dun ciclo ao que está vincu-lado dende 2003 e ao que imprimiu a súa persoal pegada e unha marca de calidade reflexo da súa experiencia, coñecemento, sensibilidade, dedicación e excepcional agarimo cara a este Ciclo de Lied e á cidade de Santiago. Se-gundo as súas propias palabras, este ciclo supón para o distinguido pianista, artista e cabaleiro londiniense unha cita moi especial na súa axenda anual que o leva a actuar nos máis importantes teatros e salas de concerto do mundo. Amor e Devoción é o título do Ciclo de Lied 2015 que transita entre o amor sacro e o amor terreal e do que son protagonistas grandes mestres transcendentais para o desenvolvemento do xénero do lied como Robert Schumann, Johannes Brahms, Gustav Mahler e Hugo Wolf, compartindo programa con singulares compositores como os franceses Maurice Ravel e Charles Gounod, o norteamericano Samuel Barber, Clara Schumann e con Georges Enesco e Nicolae Bretan, dous autores romaneses aos que descubri-remos da man da súa compatriota Ruxandra Donose. A soprano inglesa Kate Royal e a mezzosoprano romanesa Ruxandra Donose debutan en Galicia con estes recitais no marco do Ciclo de Lied que este ano presenta de novo un cartel con tres experimentados cantantes, especialistas no xénero e de reco-ñecido prestixio internacional, que completa un vello coñecido do público compostelán, o barítono británico Roderick Williams.

PREZOS: Entradas 8 € | Abono (3 concertos) 18 €VENDA DE ENTRADAS: entradas.abanca.com | 902 434 443 | Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)

INfORmAcIóN: www.compostelacapitalcultural.org | [email protected] | 981 581 652 | 981 542 347

SETEmBRO 2015 | TEATRO PRINcIPAl, 20.30

ROGER VIGNOLES piano

AsociAción GAleGA dA líricA

martes 22 de setembro RUXANDRA DONOSE mezzosoprano | ROGER VIGNOlES piano

xoves 24 de setembro KATE ROYAl soprano | ROGER VIGNOlES piano

martes 29 de setembro RODERIcK WIllIAmS barítono | ROGER VIGNOlES piano

16ª edición

AmOR E DEVOcIóNcIclO DE lIED 2015 | SANTIAGO DE cOmPOSTElA

AmOR E DEVOcIóNcIclO DE lIED 2015 | SANTIAGO DE cOmPOSTElA

tripticoLIED2015.indd 1 23/5/15 16:50:54

Page 2: AmOR E DEVOcIóN - compostelacapitalcultural.com Schumann (1810-1856): Gedichte der Königin Maria Stuart, op. 135 GeoRGeS eneSco ... JohanneS bRahmS (1833-1897): Liebestreu / Alte

O contraste entre o sagrado e o profano é tamén a temática do programa que supón o debut en Galicia da soprano británica Kate Royal e centrado en dúas obras en particular: os Rückert-Lieder de Gustav Mahler e as Hermit Songs (Cancións do ermitán) que o norteamericano Samuel Barber compuxo a partir de textos irlandeses anónimos dos séculos VIII ao XIII nos que a devoción espiritual dos monxes de cando en vez transcende máis a preocupacións terreais. O vínculo entre os dous ciclos é a última canción de Gustav Mahler sobre os poemas de Friedrich Rückert, Ich bin der Welt abhanden gekommen (Desaparecín do mundo), unha das cancións máis belas e serenas xamais compostas, na que o retiro do poeta do mundo é reflectido nunha música, que parece durar para sempre.

RobeRt Schumann (1810-1856): Aus den östlichen Rosen / Volksliedchen / Der Himmel hat einen Träne geweint / Frühlingsfahrt / Stirb, Lieb und Freud / Der Einsiedler

claRa Schumann (1819-1896): Geheimes Flüstern hier und dort / O Lust, O Lust / Ich stand in dunkeln Träumen / Sie liebten sich beide / An einem lichten Morgen

GuStav mahleR (1860-1911): Rückert-Lieder

Samuel baRbeR (1910-1981): Hermit songs, op. 29

Cunha das máis marabillosas cancións de amor xamais compostas, Von ewiger Liebe (Do amor eterno) de Johannes Brahms, finaliza o concerto de Ruxandra Donose. O variado programa co que debuta en Galicia esta mezzosoprano romanesa inclúe dous conxuntos de cancións dos seus compatriotas Georges Enesco (as súas cancións sobre poemas de Clément Marot recrean unha sensibilidade renacentista en termos modernos) e Nicolae Bretan (de estilo máis folclórico e popular), así como o último traballo para a voz de Robert Schumann, os Gedichte der Königin Maria Stuart, op. 135. A colección de poemas de María Estuardo, a malograda raíña de Escocia executada por traizón pola raíña Isabel I de Inglaterra, constitúen un conmovedor retrato psicolóxico da nova raíña e é a última composta por Schumann antes do seu intento de suicidio no Rhin.

chaRleS Gounod (1818-1893): Le premier jour de mai / Au rossignol / Ce que je suis sans toi / Viens, les gazons sont verts

RobeRt Schumann (1810-1856): Gedichte der Königin Maria Stuart, op. 135

GeoRGeS eneSco (1881-1995): Sept chansons de Clément Marot, op. 15

nicolae bRetan (1887-1968): Rea de plată / Stelele-n cer / Şi dacă ramuri bat în geam / La groapa lui Laie

JohanneS bRahmS (1833-1897): Liebestreu / Alte Liebe / Immer leiser wird mein Schlummer / Ständchen / Der Gang zum Liebchen / Von ewiger Liebe

Amor e devoción... o título do Ciclo de Lied 2015 está inspirado no pro-grama no que Roger Vignoles e o barítono Roderick Williams exploran as temáticas xemelgas do amor sacro e terreal. Algunhas veces, os dous amores son separados e distinguidos, como no caso do conxunto de cancións sacras de Hugo Wolf, principalmente as compostas a partir de antigos poemas españois no seu Spanisches Liederbuch (Cancioneiro español), e nos Vier ernste Gesänge (Catro cantos serios) de Johannes Brahms con que o programa de Roderick Williams, e o ciclo deste ano, finalizan. A divindade do amor terreal e humano é unha referencia cons-tante nas cancións de Don Quijote de Maurice Ravel, no Italienisches Liederbuch (Cancioneiro italiano) de Wolf e nas cancións de Brahms seleccionadas para este recital.

huGo Wolf (1860-1903): Spanisches Liederbuch [selección] / Italienisches Liederbuch [selección]

JohanneS bRahmS (1833-1897): Vier ernste Gesänge, op. 121 / Auf dem Kirchhofe / Geheimnis / Nachtigall / Sonntag / Die Mainacht / Botschaft

mauRice Ravel (1875-1937): Don Quichotte à Dulcinée

KATE ROYAL soprano RODERICK WILLIAMS barítonoRUXANDRA DONOSE mezzosoprano

xoves 24 de setembro martes 29 de setembromartes 22 de setembro

tripticoLIED2015.indd 2 23/5/15 16:50:57