Matemáticos no euroencontro

7
LICEO SCIENTIFICO FEDERICO II DE SVE- VIA ALTAMURA (ITALIA) .COAL² LENAU, TIMISOARA (RUMANÍA) SCH. 70, JEKATERINBURG (RUSIA) SCHÖNBUCH-GYMNASIUM, HOLZGERLINGEN (ALEMAÑA) LYCÉE JULES SUPERVIELLE, OLORON STE. MARIE (FRANCIA) IES MONELOS, A CORUÑA (ESPAÑA) 23-27 de abril de 2007 IES Monelos A CORUÑA

description

Exposición de matemáticos dos países participantes no euroencontro programado polo periódico escolar europeo DEFRIT no IES Monelos da Coruña.

Transcript of Matemáticos no euroencontro

Page 1: Matemáticos no euroencontro

LICEO SCIENTIFICO FEDERICO II DE SVE-VIA ALTAMURA (ITALIA)

.COAL² LENAU, TIMISOARA (RUMANÍA)

SCH. 70, JEKATERINBURG (RUSIA)

SCHÖNBUCH-GYMNASIUM, HOLZGERLINGEN (ALEMAÑA)

LYCÉE JULES SUPERVIELLE, OLORON STE. MARIE (FRANCIA)

IES MONELOS, A CORUÑA (ESPAÑA)

23-27 de abril de 2007 IES Monelos

A CORUÑA

Page 2: Matemáticos no euroencontro

Matemáticos españois

AZARQUIEL (Córdoba, 1100)

De nome árabe ABU ISHÄQ IBRAHIM IBN YAHYÀ está considerado coma un dos maiores astrónomos árabes. Inventou a azafea (ins-trumento astronómico que substitúe ao astrola-bio), o descubrimento do movimento propio do apoxeo solar e a súa contribución a unas Táboas astronómicas.

RAIMUNDO LULL Maiorca, 1235 – Túnez (?)

A lóxica simbólica ten un papel moi importante na súa obra "Árbol de Ciencia" (unha verdadeira enciclopedia), ou o pensamento combinatorio, que exerceu unha gran influenza sobre matemáticos posteriores (Leibnitz). Na súa obra "Ars Combi-natoria" aparece por primeira vez a denomina-ción de combinatoria

JUAN JACOBO DURÁN LORIGA A Coruña, 1854-1911

Militar de profesión, co grao de comandante retí-rase para fundar unha academia de preparación para o ingreso no exercito e escolas de enxeñería e arquitectura. En 1888 obtivo a medallo de ouro na Exposición Universal de Barcelona. Publicou gran cantidade de artículos e traballos e foi mem-bros de numerosas sociedades matemáticas nacio-nais e internacionais.

JUAN CARAMUEL E LOBKOWITZ Madrid, 1606 – Milán, 1682

Monxe do Cister, estudiou nas universidades de Alcalá e Salamanca. Entre as súas obras des-tacan as tituladas "Mathesis Biceps" (1670) onde expón o fundamento dos sistemas de numeración de base n, e propón un novo procedemento para a trisección dun ángulo e unha maior achega ao campo dos logarítmicos.

JULIO REY PASTOR Logroño, 1888 – Bos Aires, 1962

Foi o principal propulsor do resurxir matemático do noso país e gozou de fama mundial pola súa labor de investigación e difusión das matemáticas. Foi catedrático das Universidades de Oviedo, Madrid e Bos Aires, divulgou as modernas mate-máticas en España e América.

RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA Lalín, 1878—1966

Licenciouse en Ciencias Exactas en Madrid (1904) e obtivo o grao de doutor en 1943. A afición pola astronomía levouno a construír, en 1912, un obser-vatorio astronómico, o primeiro de Galicia, e que chegou a figurar entre os máis importantes de España,

ZOEL GARCÍA DE GALDEANO Y YANGUAS Pamplona,1846 - Zaragoza 1924

Cursou sucesivamente as carreiras de Perito Agri-mensor, Mestre Superior, Licenciado en Filosofía e Letras e Licenciado en Ciencias Exactas. Foi catedrático dos Institutos de Cidade Real, Alme-ría e Toledo; catedrático de Xeometría Analítica da Facultade de Ciencias de Zaragoza, e poste-riormente de Cálculo Infinitesimal desta mesma universidade.

JOSÉ ECHEGARAY Y EIZAGUIRRE Madrid, 1832-1916

Hai catro etapas na vida profesional deste enxe-ñeiro de camiños: Primeiro como profesor de ma-temáticas e física na Escola de Enxeñeiros de Camiños de Madrid, (1854-1868); unha segunda fase (1868-1874) dedicada á política, ; un terceiro período consagrado a la literatura, e a última na que volve á actividade científica.

PEDRO PUIG ADAM Barcelona, 1900 - Madrid 1960

Matemático e enxeñeiro, desenvolveu unha intensa labor no campo da didáctica matemática, os seus libros de bacharelato, en colaboración con Julio Rey Pastor, marcan unha época no ensino. Como investigador estudiou algún problemas técnicos xurdidos polo desenvolvemento do autoxiro e en-controu a aplicación á cibernética do algoritmo de fraccións continuas de cocientes incompletos infinitesimais.

MARÍA WONENBURGER Oleiros, 1927-

Estudiou Matemáticas en Madrid. En 1953 foi a primeira bolseira Fulbright española en Matemáti-cas, e en 1957 doutorouse en Yale. Traballou con Germán Ancochea ata 1960. Foi profesora na Uni-versidade de Toronto e logo en Indiana (USA) ata 1983. Actualmente reside na Coruña. É considera-da coma a nai da teoría das álxebras de Kac-Moody. I Premio “Mulleres Ciencia-Arte” da Universidade da Coruña (Marzo-2007)

MIGUEL DE GUZMÁN OZÁMIZ Cartaxena, 1936- Madrid, 2004.

Matemático, escritor, membro da Real Academia Española. Foi catedrático de Análise Matemático na Universidade Autónoma de Madrid e logo na Complutense; un dos membros máis activos da Real Academia de Ciencias desde o seu ingreso en 1983. Entre 1991 y 1998 foi presidente do ICMI, máximo órgano internacional para a educación matemática. Idea o proxecto ESTALMAT (Estímulo do talento matemático).

MANUEL DE LEÓN RODRÍGUEZ

Matemático galego que se formou na Universida-de de Santiago Investigador no Instituto de Matemáticas y Física Fundamental e membro do CSIF (Consello Superior de Investigacións Cien-tíficas) presidente do Congreso Internacional de Matemáticas (ICM 2006) e primeiro vocal da Unión Matemática Internacional.

Page 3: Matemáticos no euroencontro

Matemáticos italianos

GEROLAMO CARDANO Pavía,1501 – Milán,1576

Foi un célebre matemático do Renacemento, as-trólogo e xogador de xogos de azar. Publicou as solucións ás ecuacións de terceiro e cuarto grao no seu libro "Ars magna" datado en 1545. O seu libro sobre xogos de azar, "Liber de ludo aleae", escrito na década de 1560 (publicado postuma-mente en 1663), constitúe o primeiro tratado serio de probabilidade.

GALILEO GALILEI Pisa, 1564 - Florencia, 1642

Astrónomo, filósofo, matemático e físico que estivo relacionado estreitamente coa revolución científica. Mellorou o telescopio, fixo unha gran variedade de observacións astronómicas, a pri-meira lei do movemento e un apoio determinante para o copernicanismo. Foi considerado como o "pai da astronomía moderna" e "o pai da ciencia".

LEONARDO DE PISA (FIBONACCI) Pisa, 1170 - 1250

Famoso pola invención da sucesión de Fibonacci, que tivo o súa orixe no estudio do crecemento das poblacións de coellos, e polo seu papel na populari-zación do sistema de numeración posicional en base 10 en Europa, que aprendeu das súas viaxes polo norte de África, onde coñeceu a matemática árabe e que plasmou no Liber Abaci (libro del ábaco o libro de los cálculos).

LUCA PACIOLI Borgo Sansepolcro c. 1445- Sansepolcro 1514

Célebre franciscano e matemático, pioneiro do cálculo de probabilidades e realizador de grandes aportes á contabilidade; colaborou con Leonardo da Vinci nos estudios referidos á sección áurea na obra, De Divina Proportione ,ilustrada cos céle-bres gravados sobre figuras poliédricas realiza-dos por Leonardo.

BOECIO Roma, 480 – Pavia, 524

Filósofo, teólogo e escritor. Escribiu tratados de aritmética, xeometría, astronomía e música (as materias do quadrivium) que foron usados como libros de texto e utilizáronse durante a Alta Ida-de Media. A súa obra mestra, foi “De consolatione philosophiae” que inmortalizou o seu nome. Outras obras súas son “De institutione arithmétricae”, e “De institutione musicae”, unha Xeometría...

NICCOLO FONTANA (TARATAGLIA) Brescia,1500 – Venecia, 1557

Descubridor dun método para resolver ecuacións de terceiro grao, pero tivo problemas de autoría con Cardano. Outras aportacións foron os primei-ros estudios de aplicación das matemáticas á artillería no cálculo da traxectoria dos proxec-tís , así como pola expresión matemática para o cálculo do volume dun tetraedro calquera en fun-ción das lonxitudes dos seus lados.

BONAVENTURA CAVALIERI Milán, 1598 - Bolonia, 1647

Foi alumno de Galileo e enseñou matemáticas en Bolonia (1629). Introduxo en Italia o cálculo loga-rítmico, debe a súa celebridade á teoría dos «in-divisibles», que expuso na Geometría indivisibili-bus continuorum ... (1635). Outros traballos seus son o desenvolvemento dado á trigonometría esfé-rica, o descubrimiento das fórmulas relativas aos focos dos espellos e das lentes.

MARÍA GAETANA AGNESI Milán, 1718—Milán, 1799

Dedicouse ao estudio de alxebra e xeometría. Publicou Instituzioni Analitiche, editada en va-rios idiomas e utilizada como manual universita-rio. Foi a primeira muller en dar clase na univer-sidade. Para a historia das matemáticas Agnesi é importante pola súa influencia na divulgación do cálculo. Tamén é un das personaxes máis citados sobre o papel histórico da muller na matemática.

JOSEPH LOUIS LAGRANGE Turin, 1736 – París, 1813

Matemático, físico e astrónomo italiano que des-pois viviu en Prusia e Francia. Lagrange traballou para Federico II de Prusia, en Berlín, durante vinte anos. Lagrange demostrou o teorema do valor medio, desenvolveu a mecánica Lagrangiana e tivo unha importante contribución en astrono-mía, álxebra, teoría de números,...

PAOLO RUFFINI Valentano, 1765 - Módena, 1822

Estudiou medicina, filosofía, literatura e mate-máticas. Obtivo moita reputación no campo das matemáticas e en 1787 accedeu ó posto de pro-fesor na Universidade de Módena. O nome de Ruffini está ligado para sempre á famosa regra utilizada para dividir un polinomio en x de grado n por un binomio da forma x-a, empregando os coeficientes do polinomio dividendo para obter os coeficientes do cociente e o valor do resto.

GIUSEPPE PEANO Spinetta, 1858 – Turin,1932

Matemático e filósofo, coñecido polas súas contri-bucións á Teoría de conxuntos. Peano publicou máis de douscentos libros e artigos, a maioría en matemáticas. A maior parte da súa vida dedicouna a ensinar en Turín. En 1887, Peano publicou o seu primeiro libro sobre lóxica matemática. Este libro foi o primeiro en usar os símbolos modernos para a unión e intersección de conxuntos.

ARQUÍMEDES Siracusa, 287 - 212 a.c.

Matemático e xeómetra considerado o máis nota-ble científico e matemático da antigüedade, é recordado polo Principio de Arquímedes e por súas aportacións á cuadratura do círculo, o descubri-mento da relación aproximada entre a circunfe-rencia e o seu diámetro, relación que se designa hoxendía coa letra griega π , o estudio da palanca, a espiral de Arquímedes e outras aportacións.

Page 4: Matemáticos no euroencontro

Matemáticos franceses

AUGUSTIN LOUIS CAUCHY París,1789 - 1857

Pioneiro na análise e na teoría de permutación de grupos. Tamén investigou a converxencia e a di-verxencia das series infinitas, ecuacións diferen-ciais, determinantes, probabilidade y física mate-mática Precisa os conceptos de función, de límite e de continuidade.

RENÉ DESCARTES La Haye en Touraine, 1596 - Estocolmo, 1650

Filósofo, matemático e científico. Simplificou a notación alxébrica e creou a xeometría analítica. Foi o creador do sistema de coordenadas carte-sianas, o que permitiu o desenvolvemento do cál-culo diferencial e integral por Isaac Newton e Gottfried Leibniz.

PIERRE DE FERMAT (Beaumont-de-Lomagne, 1601 - Castres, 1665)

Matemático clave para o desenvolvemento do cálculo moderno. Fixo notables contribucións á xeometría analítica e á probabilidade Fermat é coñecido polo seu Enigma, unha abstrac-ción do Teorema de Pitágoras, tamén coñecido como Último Teorema de Fermat, que torturou aos matemáticos durante aproximadamente 350 anos, ata que foi resolto en 1995.

ÉVARISTE GALOIS Bourg-la-Reine,1811- Paris,1832

Foi capaz de determinar a condición necesaria e suficiente para que un polinomio sexa resolto por radicais, dando unha solución a un problema que permanecera insoluble durante moitos anos. O seu traballo ofreceu as bases fundamentais para aa teoría que leva o seu nome, unha rama princi-pal da álxebra abstracta.

MARIE-SOPHIE GERMAIN Paris, 1776 –1831

Utilizou o seudónimo masculino de A.A. Leblanc. Os seus traballos son unha demostración parcial do último teorema de Fermat e unha teoría so-bre a elasticidade que lle valeu o premio da Academia de Ciencias e a súa admisión nela. Primeira muller en ser membro da Academia.

CHARLES HERMITE Dieuze, 1822 - París, 1901

Traballou na teoría de números, sobre as formas cadráticas, polinomios ortogonais e funcións elípticas, e en álxebra. Tamén é coñecido pola Interpolación polinómica de Hermite. Foi o pri-meiro que demostrou que e é un número trascen-dente.

MARQUÉS DE L'HÔPITAL París, 1661 – París, 1704

É quizá máis coñecido pola Regra de L'Hôpital para calcular o valor límite dunha fracción onde numerador e denominador tenden a cero ou ambos tenden a infinito. É tamén o autor d primeiro libro de texto coñeci-do sobre cálculo diferencial, texto que inclúe as clases do seu profesor, Johann Bernoulli.

PIERRE-SIMON LAPLACE Beaumont-en-Auge, 1749 - París, 1827

Descubriu a Transformada de Laplace e a ecua-ción de Laplace. Fixo importantes contribucións en probabilidade.

BLAS PASCAL Clermont-Ferrand, 1623 – París, 1662

As súas contribucións inclúen a construcción de calculadoras mecánicas, estudios sobre a teoría de probabilidade, investigacións sobre os fluídos e a aclaración de conceptos tales como a presión e o vacío, un tratado sobre as seccións cónicas, o triángulo de Pascal,...

JULES HENRI POINCARÉ Nancy, 1854 - París, 1912

En 1894 descubriu o grupo fundamental dun espacio topolóxico. Elaborou diversos traballos sobre as teorías da luz e as ondas electromagnéticas, e desenvolveu, xunto a Albert Einstein y H. Lorentz, a Teoría da Rela-tividade restrinxida . A conxectura de Poincaré é un dos problemas recentemente resoltos máis desafiantes da topoloxía alxebrica.

NICOLÁS BOURBAKI Nome colectivo dun grupo de matemáticos fran-ceses que se propuxeron revisar os fundamentos das matemáticas cunha esixencia de rigor máis elevada. Fundado en 1935, por Henri Cartan, Clau-de Chevalley, Jean Coulomb, Jean Delsarte, Jean Dieudonné, Charles Ehresmann, René de Possel, Szolem Mandelbrojt e André Weil, antigos alum-nos da Escola Normal Superior de París.

Jean Dieudonné

FRANÇOIS VIÈTE Fontenay-le-Comte,1540 - París, 1603

Un dos principais precursores da álxebra. Foi o primeiro en representar os parámetros dunha ecuación con letras. Resolve as ecuacións de se-gundo grao da forma ax2 + bx = c e de terceiro grao da forma x3 + ax = b con a y b positi-vos.Elabora traballos de astronomía e trigonome-tría coas primeiras táboas trigonométricas elabo-radas desde a matemática árabes. .

Page 5: Matemáticos no euroencontro

Matemáticos romaneses

JÁNOS BOLYAI

Cluj 1802 - Tirgu-Mures, 1860

Xeometrías non euclidianas

FARKAS WOLFGANG BOLYAI

Sibiu, 1775 - Tirgu Mures, 1856

EMIL GROSSWALD Bucharest, 1912—USA, 1989

Teoría de números

GHEORGHE VRANCEANU Valea Hogii 1900 - Bucharest 1979

Xeometría diferencial, Grupos de Lie,

Espacios de Rienman

GYULA VÁLYI Tirgu Mures, 1855 - Cluj, 1913

Xeometría e Teoría de números

ABRAHAM WALD Cluj, 1902 - Travancore (India), 1950

Estatística, espacios métricos,..

FLORENTIN SMARANDACHE 1954, Bălceşti -

Profesor da Universidade de New Mexico Teoría de números, Estatística, Xeometría non euclidiana,...

ALEXANDRU GHIKA 1902 - 1964

Académico, matemático e pedagogo. Fundador da escola romanesa de análi-sis funcional.

ISAAC JACOB SCHOENBERG 1903, Galatz - 1990

Colaborador de Erdos e Von Neumann

TRAIAN LALESCU 1882, Bucureşti - 1929

Ecuacións con integrais

GHEORGHE TITEICA 1873 -1939

Académico, matemático e pedagogo

Xeometría diferencial

SPIRU HARET 1851, Hanul Conachi – 1912

Académico, matemático Xeometría analítica e descriptiva

Page 6: Matemáticos no euroencontro

Matemáticos alemáns

JOHANNES KEPLER Weil der Stadt, 1571 - Ratisbona, 1630

Foi o primeiro partidario forte da teoría heliocéntrica de Copernicus e o descubridor das tres leis do movemento planetario. Foi colaborador de Tycho Brahe.

GOTTFRIED WILHELM VON LEIBNIZ Leipzig, 1646 - 1716

Foi filósofo, matemático, xurista e político. A contribución de Leibniz ás matemáticas consis-tiu en enumerar en 1675 os principios funda-mentais do cálculo infinitesimal. Esta explica-ción produciuse con independencia dos descubri-mentos do científico inglés Isaac Newton.

JOHANN CARL FRIEDRICH GAUSS Brunswick ,1777 - Göttingen,1855

Foi un matemático, astrónomo e físico xenial, que traballou en moitos campos, a teoría de números, o análise matemático, a xeometría diferencial, a xeodesia, o magnetismo e a óptica. Considerado "o príncipe das matemáticas" e "o matemático máis grande desde a antigüidade".

AUGUST FERDINAND MÖBIUS Schulpforta, 1790 - Leipzig, 1868

Foi un matemático alemán e astrónomo teórico. É moi coñecido polo seu descubrimiento da ban-da de Möbius, unha superficie de dúas dimen-sións cunha soa cara. Möbius foi o primeiro en introducir as coordenadas homoxéneas en xeo-metría proxectiva. Era descendiente de Martín Lutero.

KARL THEODOR WILHELM WEIERSTRASS Ostenfelde, 1815 – Berlín, 1897

Coñecido como o pai da análise moderna, Weiers-trass dispuxo os cimentos para aritmetizar a análise matemática a través de rigorosos desen-volvementos do sistema de números reais. Dife-renciou a converxencia uniforme da non unifor-me, e suscitou a teoría de funcións sobre a base do desenvolvemento en serie das funcións analí-ticas.

GEORG FRIEDRICH BERNHARD RIEMANN Dannenberg,1826 - Selasca (Italia), 1866

Foi un matemático que realizou contribucións moi importantes en análise e xeometría dife-rencial, algunhas delas que conduxeton ao camiño para o desenvolvemento máis avanzado da relatividade xeral. O seu nome está conec-tado coa función zeta, a integral de Riemann, as variedades de Riemann, as superficies de Riemann e a xeometría de Riemman.

FÉLIX KLEIN Düsseldorf 1849-Gotinga 1925

Demostrou que as xeometrías métricas, euclí-deas ou non euclídeas, constitúen casos particu-lares da xeometrías proxectiva. En 1872 presen-tou o "programa de Erlangen", que puxo fin á escisión entre xeometría pura e xeometría analí-tica. Profesor da universidade de Gotinga, foi o fundador da "Gran Enciclopedia das matemáti-cas" (1895)

FRIEDRICH WILHELM BESSEL Minden, 1784 - Königsberg, 1846

Foi un matemático alemán, astrónomo, e siste-matizador das funciones de Bessel (descubertas por Daniel Bernoulli). Bessel determinou as posi-cións e os movementos apropiados das estre-las.Despois de efectuar delicadas medicións de certas constantes fundamentais que refinou e tabulou, recibiu en 1811 un premio do Instituto de Francia polas novas táboas de correccións .

JULIUS WILHELM RICHARD DEDEKIND Brunswick, 1831 - 1916

Alumno de Gauss, é coñecido polo seu estudio da continuidade e a definición dos números reais mediante as "cortaduras" de Dedekind. Desenvolveu este concepto nunha teoría de ideais que son fundamentais na álxebra mo-derna. Dedekind tamén introduciu o concep-tos de anel.

DAVID HILBERT 1862, Königsberg – 1943, Göttingen

Recoñecido como un dos matemáticos máis in-fluentes do século XIX e principios do XX, como o demostra a presentación en 1900 dun conxunto de problemas que estableceron a in-vestigación matemática do século XX Desenvol-veu a teoría de invariantes, a axiomatización da xeometría e a noción de espacio de Hilbert, un dos fundamentos da análise funcional.

EMMY NOETHER Erlangen, 1882-Bryn Mawr(Estados Unidos), 1935 Filla de Max Noether: distinguido matemático e profesor da Universidade de Erlangen. Tivo que emigrar a USA polo nazismo. Traballou con Félix Klein e David Hilbert. Contribuíu a aclarar con-ceptos que necesitaría Einstein na súa Teoría xeral da relatividade. Abordou unha das áreas máis abstractas das matemáticas: a álxebra non conmutativa.

GEORG CANTOR San Petersburgo, 1845 - Halle, 1918

Foi inventor con Dedekind da teoría de conxun-tos, que é a base das matemáticas modernas. Gracias as súas atrevidas investigacións sobre os conxuntos infinitos foi o primero capaz de formalizar a noción de infinito baixo a forma dos números transfinitos (cardinais e ordinais).

Page 7: Matemáticos no euroencontro

Matemáticos rusos

NIKOLAI I. LOBACHEVSKY Nizhny Novgorod, 1792 – Kazán, 1856

Xeometría non-euclidiana

PAFNUTY LVOVICH CHEBYSHEV Okatovo , 1821 -St Petersburg, 1894

Estatística e probabilidade. Desigualdade de Chebyshev

GEORGY VORONOY 1868 - 1908

Diagramas de Voronoi Fraccións continuas

GEORG CANTOR San Petersburgo,1845, Halle, 1918

Co-inventor da teoría de conxuntos. Formalizou a noción de infinito baixo a forma dos números transfinitos (cardinais e ordinais)

SOFÍA KOVALEVSKAYA Moscú, 1850– Estocolmo, 1888

Ecuacións en derivadas parciais

ANDREI ANDREYEVICH MARKOV Ryazan, 1856 - Petrograd,1922

Teoría da probabilidade

Cadeas de Markov

ALEXANDER ALEXANDROVICH FRIEDMAN San Petersburgo, 1888- 1925

Solucións cosmolóxicas ás ecuacións de Einstein sobre a relatividade xeral.

PAVEL SERGEEVICH ALEKSANDROV Bogorodsk , 1896 – Moscow, 1982

Topoloxía e xeometría

ANDREY NIKOLAEVICH KOLMOGOROV Tambov, 1903 - Moscow 1987

Teoría da Probabilidade e Topoloxía

EMMA M. TROTSKAIA LEHMER Samara ,1906 -

Computación

Grupos topolóxicos

OLGA ALENXANDROVNA LADÍZHENSKAYA Kologriv, 1922- San Petersburgo, 2004

Estudios sobre o «sexto problema matemático do século», as ecuacións de Navier-Stokes, Ses estudios sobre ecuacións diferenciais axudaron a mellorar os prognósticos meteorolóxicos, oceano-grafía, aerodinámica e ciencia cardiovascular.

GRIGORI YAKOVLEVICH PERELMAN Leningrado, 1966 -

Contribucións á xeometría riemanniana e a topo-loxía xeométrica. Demostrou a conxectura de xeometrización de Thurston. Polo que resolve afirmativamente a famosa conxectura de Poinca-ré, proposta en 1904.